PROXECTO

6 junio, 2016

“MENORES MÁIS MAIORES” é unha actividade que se enmarca dentro do programa LECER ACTIVO da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, en colaboración con OQO editora.

Coa vontade de crear un espazo onde potenciar as relacións interxeneracionais, MENORES MÁIS MAIORES busca xuntar a escola e os centros de maiores, nunha proposta que combina a tradición e a tecnoloxía. Esta iniciativa promove o contacto entre maiores e cativos, que deberán estreitar lazos e compartir experiencias para crear, traballando en común, unha curtametraxe de animación en stop-motion a partir do conto de OQO editora: O AVÓ DE ZULAIMAR.

O proxecto desenvolveuse co seguinte cronograma:

Encontro formativo previo nos centros de ensino:

Presentación do proxecto, entrega de material (libros e unidades didácticas) e xornada formativa cos docentes e mediadores, para consequir a máxima implicación dos mesmos.

Encontro formativo nos centros de maiores:

Presentación do proxecto e sesión informativa co personal do centro, para explicar as dinámicas, ver necesidades específicas e implicar ao máximo as persoas implicadas.

1º Encontro nen@s-maiores

Nesta parte estableceuse o contacto entre os dous colectivos, os maiores cóntaronlle contos aos nenos e nenas e viceversa. Desta actividade, seleccionouse o conto do que se fará a versión audiovisual: O AVÓ DE ZULAIMAR, de OQO editora.

2º Encontro: creación de personaxes

Esta sesión foi destinada a creación de personaxes e escenarios do filme de animación.

3º Encontro: Empezamos a rodar!

Chegou o momento máis divertido do proxecto

Experimentamos co programa de animación en stop-motion, ordenadores e cámaras e comezamos a gravación.

4º Gravación

Neste apartado seguimos coa animación e comezamos as gravacións de voces, e sons das diferentes escenas da curtametraxe.

5ª Presentación do filme

Chegamos o remate da experiencia.

Amosamos a montaxe provisional da curtametraxe, nunha festa final, coas familias e os docentes e mediadores. Entregaremos un diploma aos nen@s e maiores que participaron, convidándoos a serguir en contacto xa pola súa conta, ben a través da escola ou da residencia.

Deixamos un resumo en imaxe desta enriquecedora experiencia.