OPINIÓNS

2 junio, 2016

Isolona

“Traballar con nenos é unha marabilla. Sempre se aprenden cousas novas, gustoume moito a experiencia”

 

 

 

 

 

Nara

“Gustoume moito traballar cos maiores. Por min, repito a experiencia de novo”

 

 

 

 

 

Chelo

“Traballar con nenos apórtanos alegría, dannos a vida, son o mellor que hai”.

 

 

 

 

 

Laura Castro, directora do CEIP Apóstolo Santiago.

“esta experiencia resultou moi enriquecedora para os nenos e nenas. Axúdalles a ampliar a súa contorna a través dun traballo experiencial e descubrir que teñen moitas máis cousas en común das que puideran pensar con xente dunha idade moi diferente a deles, que poden entenderse e traballar en conxunto. Os nenos e os maiores que participaron nesta actividade son, polas dúas bandas, moi activos e curiosos, teñen afeccións e inquedanzas comúns e gústalles traballar en equipo. Gustaríanos, agora que acaba esta experiencia, seguir tratando con eles. Nós fomos visitalos á residencia, agora convidámolos a que nos visiten a escola e así seguirmos traballando xuntos”